Cristina Trigo

cristinaCristina Trigo Martínez

cristina.trigo@usc.es

Licenciada en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela). Realizou o programa de doutoramento “Educación artística: Aprendizaje y enseñanza de las artes visuales” (Universidad de Granada).

Desde 2014 é docente na Área de didáctica da expresión plástica da Facultade de Ciencias da Educación e membro do grupo de investigación LITER21 (USC). Con anterioridade (1998-2014) foi educadora e coordinadora do servizo de actividades e proxectos educativos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC; Santiago de Compostela). Aquí desenvolveu programas e proxectos orientados á difusión da arte contemporánea e promoveu e participou en múltiples colaboracións con diferentes institucións e colectivos.

Precisamente, os espazos de cruce entre educación-arte contemporáneo-museo e as posibilidades de colaboración entre estes ámbitos son o eixe principal do seu traballo. Formou parte do grupo de coordinación do libro (E-Book) Desafios da educação
artística em contextos ibero-americanos (2010 / Desafios ) con Teresa Eça; María Jesús Agra e Lúcia Gouvêa. Con Mª Jesús Agra escribiu artigos para revistas como International Journal Education of Art (IJETA), Imaginar, Revista da Associación de Profesores de Expresións Plástica e Visual, Portugal e Multi-Disciplinary Research in the Arts. E-Journal UNESCO (E-journal UNESCO ). En 2015 coeditou con Mª Xesúa Agra e Manuel Miguéns o libro Configurando o mapa contemporáneo. Arte e educación. (Colección Cadernos do mediador, ICE, USC).

É integrante de C3 (colectivo de educadores/as e investigadores/as que traballa como unha célula que expande propostas de acción artística contemporánea).

Advertisements